Vanesa de Ramos (la de Vigo, como dice ella) nos envía esta referencia al blog del Parque Natural dos Ancares. En ella se reproduce el artículo del 29/02/2008 de El Progreso de Lugo en el que se explica la problematica del proyecto de un embalse que afectaría a A Fonsagrada y a Navia de Suarna:
"O miradoiro da Fornaza, na Fonsagrada, ofrece unha vista digna de calquera postal. Un conxunto de montañas trenzan as súas ladeiras ata unilas nunha única liña, marcada polo río Navia. Este enclave non falta en ningunha guía turística do municipio e a súa fotografía foi elixida polo Concello para ilustrar o apartado "Natureza" da súa páxina web. Todo un exemplo de explosión natural e, en pouco tempo, tamén arquitectónica, pois foi elixido por Saltos do Navia para instalar nel a central hidroeléctrica do encoro de Suarna.
Os fonsagradinos miran desde hai días con outros ollos a canle do río Navia. Temen que o proxecto de embalsar as súas augas, pendente desde 1951 e sometido a continuas revisións, fágase finalmente realidade e sepulte un dos seus enclaves naturais de maior valor.
Os fonsagradinos miran desde hai días con outros ollos a canle do río Navia. Temen que o proxecto de embalsar as súas augas, pendente desde 1951 e sometido a continuas revisións, fágase finalmente realidade e sepulte un dos seus enclaves naturais de maior valor.
Saltos do Navia recuperou un plan que parecía esquecido para aproveitar as augas do río entre Navia e A Fonsagrada e disponse a iniciar a tramitación administrativa do proxecto, que se prolongará durante meses e que se prevé conflitiva.
A noticia caeu como un xerro de auga fría na Fonsagrada e Navia de Suarna, onde xa se preparan exhaustivos informes para rexeitar con todos os argumentos posibles a construción da presa. A baza de ambos os municipios é a mesma: a riqueza natural. O encoro non afectará a poboacións nin a explotacións agrícolas ou gandeiras, pero penetrará como un puñal nun dos aspectos que máis orgullo espertan nos habitantes da montaña lucense, a súa paisaxe." [Leer más...]