martes, 29 de junio de 2010

A Festa da Ferrería

Fenomenal artigo que nos envía Isabel do Toxal sobre a Festa da Ferrería, que se celebrou o pasado sábado:

Fai aproximadamente once anos un grupo de pescadores, entre eles Enrique do Campo, (un de Xegunde ¿como non?), fascinados pola beleza da Ferrería decidiron facer algo para que todos nos namorasemos dese sitio. Para iso fundaron una sociedade de pesca chamada: "A Seimeira" e con moita ilusión e esforzo empezaron a traballar.

Idearon facer unha festa que comeza pola mañá con un concurso de pesca, no que se premia os pescadores que chegan a hora marcada coas mellores pezas de troita pescadas nos ríos da zona. E despois habilitaron unha gran carpa na que se ofrece unha comida feita alí para todos os asistentes que reservan antes as súas entradas. Hai tamén bar, misa solemne, sesión vermout con baile, e festa desde as primeiras horas da tarde hasta non se sabe cando....

Esta primeira idea animou a centos de persoas a parte dos que comen na carpa, que acuden alí coas súas merendas a pasar o día, comer, beber, bailar, berrar e disfrutar contaxiados polo ambiente "festivalero" sen igual que se respira por todas partes. Seguro que moitos dos que vexades isto estades bastante lonxe pero eur anímovos a que reservedes o terceiro fin de semana de Xuño para: "a festa da Ferrería", que sempre merece a pena.

Este ano xa pasou, e gracias o traballo grandísimo de Enrique do Campo, Gustavo do Bar da Fonte, Suso de Vilarín, Jose Mª "O Municipal", Enrique de Novío, o "Ruso" do Fito, Avilio da Retorta, José Manuel de Castro e seguro que algunhos máis quen non me acordo todo saiu tan ben coma sempre.

Por certo, os dous primeiros premios do concurso de pesca deste ano foron para xente de Xegunde: Carreira e Pepe de Xin, je, je.... Xegunde ¡Qué grande eres...!

No hay comentarios:

Publicar un comentario